Currently browsing author

Rober

DESTINO BERGEN MÚDASE OS MARTES Á UDC

Dende principios de novembro e ata finais de ano, oito alumnos da UDC forman parte todos os martes do equipo técnico de Destino Bergen.

udc

Esta proposta nace dende a vocación de Canal Campus Lab por conectar empresa e universidade coa finalidade de que a transferencia de información funcione en ambos sentidos, creando un espazo común de coñecemento colaborativo, onde ambos consigan valorizar a súa participación.

De 100 alumnos que se presentaron, soamente oito mozos traballan “fuertemente” co pintamonas que son eu e máis os meus.

[...]

A CABEZA NON PARA. O VERÁN VAI ALÁ

Moi boas a todas e todos, fálalles o presidente do consello de administración de A cabeza non para! Un tal Roberto Vilar, pintamonas do reino de Galicia e técnico superior ascensorista. Moitas jrasias e grazas a todas e todos que nos acompañastes na TvG nestes dous especiais de A cabeza non para! Foi unha experiencia única e diferente levar os nosos sketches por Galicia abaixo.Ainda que eran datas de andar de festa e tomar vermús, cúmpristes coma señores en canto a audiencia se refire, Dios volo pague!!!! Sempre digo que o máis importante de tódalas tonterías que facemos na tele, e o público que temos, moitas gracias por eso. Proximamente atacaremos un novo proxecto na TvG, e a comezos do ano que ven preveense grandes novidades. Salú e Spedifen paara todos, e que…..A cabeza non pareeeeee!!!

acnp

Volve A Cabeza Non Para!

VOLVE A CABEZA NON PARA!
A Viaxe de volta xa ten data, será o vindeiro venres 5 de setembro ás 22:25H. na TVGCriaturas da Noite

Empecemos polo principio

Actor, produtor, presentador, creador e agora tamén un “blogueiro” ou pintamonas que escribe o que lle pete por aquí.

Non vou facer unha introdución da miña vida persoal nin laboral, para iso temos a wikipedia…