A familia Vilar felicita as festas
Aquí desexámosvos unhas festas… bueno, iso!
Aquí desexámosvos unhas festas… bueno, iso!
Dende principios de novembro e ata finais de ano, oito alumnos da UDC forman parte todos os martes do equipo técnico de Destino Bergen.
Esta proposta nace dende a vocación de Canal Campus Lab por conectar empresa e universidade coa finalidade de que a transferencia de información funcione en ambos sentidos, creando un espazo común de coñecemento colaborativo, onde ambos consigan valorizar a súa participación.
De 100 alumnos que se presentaron, soamente oito mozos traballan “fuertemente” co pintamonas que son eu e máis os meus.
[...]
Moi boas a todas e todos, fálalles o presidente do consello de administración de A cabeza non para! Un tal Roberto Vilar, pintamonas do reino de Galicia e técnico superior ascensorista. Moitas jrasias e grazas a todas e todos que nos acompañastes na TvG nestes dous especiais de A cabeza non para! Foi unha experiencia única e diferente levar os nosos sketches por Galicia abaixo.Ainda que eran datas de andar de festa e tomar vermús, cúmpristes coma señores en canto a audiencia se refire, Dios volo pague!!!! Sempre digo que o máis importante de tódalas tonterías que facemos na tele, e o público que temos, moitas gracias por eso. Proximamente atacaremos un novo proxecto na TvG, e a comezos do ano que ven preveense grandes novidades. Salú e Spedifen paara todos, e que…..A cabeza non pareeeeee!!!
Para todos os que non puidestes ver o Especial Verán A CABEZA NON PARA do pasado 15 de agosto, aquí o tedes.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/novidades-veran#.U_JSG04omW8.twitter
E GRACIAS aos miles que o viron. Non podo menos que agradecer a tódol@s incondicionais que fixeron A Cabeza Non Para líder de audiencia o venres cun gran 17,6%!!
Corzos e corzas, xa temos data!
Especial Verán A Cabeza Non Para o venres 15, ás 22:25h. na TVG