DESTINO BERGEN MÚDASE OS MARTES Á UDC

Dende principios de novembro e ata finais de ano, oito alumnos da UDC forman parte todos os martes do equipo técnico de Destino Bergen.

udc

Esta proposta nace dende a vocación de Canal Campus Lab por conectar empresa e universidade coa finalidade de que a transferencia de información funcione en ambos sentidos, creando un espazo común de coñecemento colaborativo, onde ambos consigan valorizar a súa participación.

De 100 alumnos que se presentaron, soamente oito mozos traballan “fuertemente” co pintamonas que son eu e máis os meus.

Este obradoiro ten un obxectivo claro que é establecer un networking participativo que xenere sinerxias interpersoais que posibiliten nos participantes a afloración do talento tanto individual como colectivo. O esquema de relación entre o staff organizativo e os alumnos está baseado na conformación dunha especie de Focus Group que permita unha interactividade tal, capaz de xerar tanto novas ideas como estratexias programáticas.

O taller titulado “Creatividade e Desenvolvemento para Televisión máis alá dos informativos con Roberto Vilar” conta tamén con Fran Velo, Luis Millares, Manuel Darriba e Alberto Devesa, que traballamos coma si estivesemos na oficina. Nos andamos aprendendo moito desta xeración! Os alumnos xa non sei… haberá que preguntarlles!

udc1

“ O cabalo traballa, a cabeza non para”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>