Empecemos polo principio
Actor, produtor, presentador, creador e agora tamén un “blogueiro” ou pintamonas que escribe o que lle pete por aquí.
Non vou facer unha introdución da miña vida persoal nin laboral, para iso temos a wikipedia.
Pero eu tamén son un deses novos emprendedores que hai. No 2007 montei Destino Bergen. Moita xente pregúntame por que Bergen e non Santiago ou Xove, para ser máis autóctono se cabe da terriña.
Pero é que Bergen namoroume! Estaba a ver unha reportaxe na tv dese pobo de Noruega.
Sabiades que é a cidade máis chuviosa de Europa? E eu pensando que era Santiago, que dende novembro a abril non para de chover.
Cando terminou a reportaxe, xa o tiña decidido “Cando me xubile, voume para Bergen”. Non sei si Felipe II virá comigo…
FELIS DÍA!
Deja un comentario