QUEN VIMOS SENDO

A NOSA MisiÓn

BERGEN, a meta

Ao creador de Destino Bergen bastoulle unha reportaxe de televisión para decatarse que encontrara dúas cousas: O nome da súa empresa e o lugar ideal para o seu retiro.

Así que a finais de 2007, Roberto Vilar constituíu en Santiago de Compostela Destino Bergen, produtora audiovisual para dar soporte, principalmente á creación de formatos de humor, sobre todo para producir as súas creacións.

Perfeccionista co seu traballo, Roberto participa como director, produtor executivo, creador e actor – presentador. É a cara da empresa e do produto que está en emisión, de aí que lle guste coidar todos os aspectos de cada produción: actores, son, iluminación, atrezzo…

En 2009, incorpórase Alberto Devesa á produtora ocupando o posto de Director de Produción.

É nese mesmo ano cando Destino Bergen produce o seu primeiro contido para a TV: Land Rober, tendo os maiores datos de prime time da canle autonómica durante os seus dous anos de emisión.

Dende ese momento produce, dirixe e presenta festivais de humor, xiras de teatro e programas de televisión.

Podes seguirnos tamén en Twitter

Experiencia

Moita e moi variada

Máis alá de Galicia, e o que virá…

A nosa forma de facer as cousas

Se imaxinamos algo, tratamos de facelo real.